Benvidos á nosa website:
Despois de moito tempo esperando a que alguén se decidise a facer unha web de liturxia e catequese en galego, decidín dar un paso adiante e compartir o que fun recollendo durante anos: cantos, debuxos, power points, imaxes... coa tola idea de que esta páxina non sexa só miña, senón un cruceiro de camiños, un lugar de encontros e conversas. Un xeito máis de compartir.
Quero que esta páxina sexa para que grupos, coros, parroquias, colexios, movementos e irmáns poñan en común as súas vivencias, celebracións, dúbidas ou desexos nesta lingua, un pouco esquecida nas liturxias dominicais, pero non nos nosos corazóns.
Espero as vosas palabras e aportacións, de momento poño a vosa disposición o que teño...e sigo buscando. Unha aperta.
Nuria M. Núñez Elissetche
1.4. CELEBRACIÓNS CULTUAIS E LITÚRXICAS EN LINGUA GALEGA
É necesario que os sacerdotes sexan sensibles de cara á progresiva incorporación da lingua galega na liturxia e que non só acollan ben as peticións que poidan presentar os fieis, senón que, adiantándose, sexan eles os que ofrezan a posibilidade de te-las celebracións en lingua galega, realizando un serio esforzo para que os fieis poidan coñece-las partes dialogadas e así participen no culto cunha meirande incorporación na lingua que falan habitualmente.
Para xeral coñecemento, relaciónanse seguidamente o estado das edicións litúrxicas en galego.
Estado das edicións litúrxicas en galego.
– Deica hoxe foron publicados os seguintes libros litúrxicos e subsidios para a liturxia:
Misal Romano
Misal Romano (Edición en tamaño máis manual)
Misal Romano. Propio das dioceses de Galicia.
Ritual do Bautismo de nenos.
Ritual da Confirmación.
Ritual das Exequias.
Cantoral para a celebración das Exequias.
Ritual para os ministerios do Lector e do Acólito.
Ritual do Matrimonio.
Ritual das Ordenacións.
Directorio e ritual para os Ministros Extraordinarios da Eucaristía.
Cantoral Litúrxico Galego. Dez anos de encontros de música relixiosa en Pontevedra. (Casettes, Partituras, Letras).
Leccionario I. Ciclo A.
Leccionario I. Ciclo B.
Leccionario I. Ciclo C.
Leccionario II (*). Feiras de Adviento, Cuaresma e Pascua.
Leccionario II.(**) Feiras do tempo ordinario.
Leccionario III. (*) Propio dos Santos.
Diurnal.
Oración dos fieis.
A Santa Misa (tríptico para os fieis coas respostas da Misa).
– Neste momento está a punto de chegar ás librerías a edición do libro:
Leccionario III. (**) Misas rituais, votivas e por algunhas necesidades.
– Están en proceso de preparación:
Ritual da Unción e pastoral dos enfermos.
Ritual da Penitencia.
Celebracións dominicais en ausencia de presbítero.
Bendicional.
https://www.archicompostela.org/publicaciones/BoletinOficial/ACXLIII2004/Enero2004/BOASEnero2004.pdf
A liturxia en galego
O día 14 do pasado mes de marzo o arcebispo de Santiago de Compostela e o conselleiro de Educación presentan na sala Felipe Neri do mosteiro de san Martiño Pinario os libros litúrxicos en Galego, un repertorio esencial na vida pastoral cotiá , para toda a comunidade cristiá e para a toda a sociedade porque contribúe á normalización do idioma nun ámbito no que hábito non facía o monxe, xa que o uso normal entre os membros da comunidade e os representantes eclesiásticos cinguíase ó achegamento persoal a través da comunicación na relación oral, arredándose del nas celebracións creando unha discriminación e unha diferencia entrambas situacións na vivencia da fe por parte dos fieis ó non lle dar continuidade nos actos litúrxicos á súa linguia habitual.
Desde tempo atrás xorden iniciativas, pequenos e significativos pasos que podemos lembrar como referencias na normalización do galego como lingua litúrxica- recólloos do citado informe do 87:
1961 Primeira misa en galego en Bos Aires
1964 Traducción ó galego: Evanxeos —Cantar dos Cantares—
1965 Primeira misa en galego dentro de Galicia ( Padre Seixas)
1965 Aprobación da liturxia en castelán
1968 Traballos do Concilio Galego: autorización da homilia en galego, Publicacións e petición a Roma para o uso do galego.
1968 Edición do primeiro misal en galego
1969 Acadase a autorización para uso litúrxico do galego. O Consilium autoriza o uso do galego na liturxia
1971 Promoción musical: Salmos para a Nosa Terra e outras melodias
1975 Monseñor Araujo publica a pastoral A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega
1976 Xuntanza do Concilio de Galicia na Asemblea de xuño
1987 Aparece a edición galega do Misal Romano.
Os esforzos e as actitudes consolidaron unha necesidade cultural. As múltiples colaboracións e o traballo coordinado fixeron realidade este proxecto - aínda quedan por publicar algúns textos do repertorio litúrxico: o Oficio de lecturas ó comeza.lo día – maitines ; algún ritual como o da Unción e Pastoral de Enfermos; o ritual de Penitencia; o de actos especiais, bendicións, etc.
D. Elisardo Temperán provicario e director do arquivo diocesano coordina desde hai uns anos esta actividade de reincorporación do galego á liturxia Un traballo sobre moitos textos e con moitas persoas implicadas seguindo un esquema de traballo básico : A traducción dos textos—feita polo persoal da igrexa— por citar algunhas delas, por exemplo, as traduccións da Biblia, de Chao Rego e de Torres Queiruga; as traduccións de Fernández Lago, coengo e profesor do Instituto Teolóxico: as do franciscano Santiago Agrelo; as do irmán Reboiras do colexio La Salle ou as de Xulio Andión en Vigo, entre outros, e logo a corrección e revisión que vén facendo o Ilga ou o centro Ramón Piñeiro. Se citamos nomes propios só salienta-la colaboración da revisión dos himnos que fixo Filgueira Valverde.
A recuperación do galego como lingua da liturxia abre unha nova xeira que debe asegura-lo emprego do noso idioma en tódolos rituais e actos de culto. Un feito que é competencia dos bispos, e que, deste xeito, asumen o compromiso de normaliza-lo uso do idioma no ámbito da Igrexa Católica como un vehículo normal de comunicación e de celebración.
Boletín da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua Nº 11 Xullo 2001
https://www.ctnl.org/upload/des/29-a-novasctnl11.pdfA liturxia en galego
día 14 do pasado mes de marzo o arcebispo de Santiago de Compostela e o conselleiro de Educación presentan na sala Felipe Neri do mosteiro de san Martiño Pinario os libros litúrxicos en Galego, un repertorio esen
Quero ter un recordo especial ós meus compañeiros da primeira CXD da nosa diócese de Tui-Vigo:
P.José Luis Rodríguez
Josefa (a "presi")
Esther
Xosefa e Ramón (de Sárdoma)
Marce e María (de Tameiga)
Anxo e Olga (do Cristo da Victoria)
Tali e Toya (parroquia de S.Francisco)
Ollea
Antonio (Porriño)
César (e máis eu, de Maristas)
e, máis tarde,
Raquel (do Sagrado Corazón)
Emilio
que me aprenderon a ser Igrexa, Igrexa galega, sen decatarme.
Un bico da "secre", a que suscribe, Nuria.
Adícolle esta páxina ós que quixeron rezar ó Pai na súa lingua e non puideron. Por todos eles.
Cun recordo especial para a miña familia de Osoño e Vilela (Verín), cos que teño pouco contacto pero grandes lembranzas.
Unha aperta moi especial ós que formaron parte da miña comunidade xuvenil de GJC e do meu corazón (e non quero dicir nomes, porque eramos moitos e non quero esquecer a ninguén, vós sabedes quen sodes).
A "Madre Superiora".