Perdón
A FESTA DO PERDÓN
SAÚDO DE BENVIDA RANTE : Benvidos a esta celebración do sacramento do Perdón. Imos vivir este día dunha maneira especial porque é a primeira vez que celebramos esta festa todos xuntos. Comezamos, como sempre acordándonos de Xesús, no nome do Pai, do Fillo e do Espírit Santo.
INTRODUCCIÓN (catequista) Hoxe reunímosnos para lembrar que ás veces nos equivocamos e facemos as cousas mal. Igual que nas cousas boas, Xesús quérenos tamén cando metemos a pata, igual que papá e mamá, os avós, os profes, os catequistas e os sacerdotes. Pero, cando nos pasa isto, magoamos a alguén, alguén sofre e pásao mal por algo que fixemos ou dixemos, ou por non ter axudado a alguén. É por iso que hoxe nos reunimos para pedir perdón e para intentar mellorar. Por iso Deus hoxe vainos sorrir e imos pedirlle que nos perdone. Intentaremos facer as cousas mellor a próxima vez, intentaremos axudar máis, contestar mellor, xogar con alguén que está só e facer felices aos que nos rodean.
CANTO DE PERDÓN
ORACIÓN INICIAL : CELEBRANTE : Señor Deus, amigo noso, reunidos hoxe no nome de Xesús, concédenos Ti o perdón que Él nos anunciou.
MONICIÓN : Escoitamos con atención a historia que Xesús contou cando estivo entre nós.
O FILLO PRÓDIGO (Lc 15, 11-32)
NARRADOR: Naquel tiempo Xesús contoulles ós seus amigos esta parábola: Un home tiña dous fillos. O menor dixo ó seu pai: FILLO MENOR: ¨Padre, dame a parte da herencia que me corresponde.¨ NARRADOR: E o pai deulle a herencia. Ós poucos días o fillo menor reuniu todo o seu, foise a un país moi lonxe e alí gastou toda a súa fortuna levando unha mala vida. Cando xa o gastara todo, sobrevino unha gran fame naquela comarca e comenzou a padecer necesidade. Foise servir a casa dun home do país, que lle mandou ás súas tierras coidar porcos. Gustosamente enchería o seu estómago coas landras que comían os porcos pero ninguén llas daba. Entón, reflexionando, dixo:
FILLO MENOR: ¨Cantos xornaleiros do meu pai teñen pan de sobra, mentrae que eu aquí morro de fame! Poreime en camiño, volveréi á casa do meu pai e direille: NARRADOR: Entón, puxose en camiño e foi á casa do seu pai. Cando aínda estaba lonxe, o seu pai viuno e conmoveuse. Foi corriendo, botouse ó seu fillo e cubriuno de bicos. O fillo comezou a dicir: FILLO MENOR: ¨ Padre, pequei contra o ceo e contra ti. Xa non merezo chamarme fillo teu,.¨ NARRADOR: Pero o pai díxolle ós criados: PAI : ¨Traede deseguida o mellor vestido e poñedello; poñédelle tamén un anel na man e sandalias nos pés. Tomade o tenreiro cebado, matádeo e celebremos un banquete de festa, porque este fillo meu morrera e volveu á vida, perdérase e foi atopado.¨ NARRADOR: E todos a festexárono. O fillo maior estaba no campo e, ó volver e acercarse á casa, oíu a música e os bailes. Chamou a un dos criados e preguntoulle que significaba aquilo. . E este contestoulle: CRIADO : ¨Volveu o teu irmán e o teu pai matou o tenreiro cebado porque o recobrou san.¨ NARRADOR: El enfadouse e non quixo entrar e o seu pai saíu e falou con el. El contestoulle ó pai: FILLO MAIOR : “Hai xa moitos anos que te sirvo sen desobedecer xamáis as túas ordes, e nunca me diches nin un cabrito para celebrar unha festa cos meus amigos. Pero chlega este fillo teu, que se gastou o teu patrimonio de mala maneira, e ti mátaslle o tenreiro cebado.¨ NARRADOR: O pai respondeulle: PAI : ¨Fillo, ti estás sempre comigo e todo o meu é teu. Pero temos que alegrarnos e facer festa porque este irmán teu estaba morto e volveu á vida; estaba perdido e foi atopado.¨
PETICIÓNS DE PERDÓN (len os nenos) :
Agora reflexionaremos sobre os nosos pecados e pediremos perdón a Deus respondendo a cada invocación dicindo: SEÑOR, TEN PIEDADE - Porque temos mentido, escondendo a verdade, DICIMOS:.. - Porque temos desobedecido ós nosos pais e non axudamos nas tarefas da casa. DICIMOS: ... - Porque temos pelexado cos compañeiros e por abusar dos máis pequenos. DICIMOS: ... - Por non estudiar suficiente e burlarnos dos compañeiros. DICIMOS: ... - Por ter tirado comida, sabendo que hai xente que pasa fame. DICIMOS: - Porque facemos trampas nos xogos. DIECIMOS: ... - Porque rezamos pouco, e nos lembramos pouco de Ti pola mañana e pola noite. DICIMOS: ... - Porque o domingo deixamos de ir a misa. DICIMOS: ... - Porque non nos atrevemos a pedir perdón e non queremos perdoar aos quen nos ten ofendido. DICIMOS: ... - Nós, os pais, pedimos perdón, porque a pesar do amor que sentimos polos nosos fillos, non sempre temos pasado o tempo necesario con eles. Porque non sempre temos dado un bo exemplo. DICIMOS:...
CELEBRANTE : Pidamos todos perdón coa oración que aprendimos: Eu confésome ante Deus Todopoderoso, e ante vós, irmáns,
que pequei moito de pensamento, palabra, obra e omisión. aos anxos, aos santos e a vós, irmáns, que intercedades por min ante Deus, o Noso Señor. Amén.
CELEBRACIÓN DEL PERDÓN : Neste momento comeza a celebración do perdón de forma persoal. Permanezamos en silencio mentras se fala cos sacerdotes.
ACCIÓN DE GRAZAS
- Grazas, Xesús, porque enches o meu corazón co teu amor. Agora estou alegre. - Grazas, Xesús, porque me perdoaches e me diches unha aperta, como fixo o pai da parábola co fillo que se marchara. - Grazas, Xesús, porque me queres e me fas máis grande o corazón. Así eu tamén podo amar e perdoar aos demáis.
NOSO PAI
Todos xuntos dámoslle grazas a Deus, por ser o noso Pai epor perdonarnos sempre, recordando a oración que Xesús nos aprendeu : NOSO PAI...
Como signo de perdón e reconciliación, dámoslle un bico aos nosos pais.
ORACIÓN FINAL
Dámosche grazas, Señor Xesús, porque quixeche perdonarnos o pecado que nos paralizaba. Agora, coa túa axuda, seremos capaces de facer mellor o camiño da vida. Sempre confiando na túa compaña e na axuda dos demáis. Pedímoscho a Ti, que sempre nos amosas canto nos amas. Amén
CANTO DE ALEGRÍA (a elixir)
BENDICIÓN E DESPEDIDA
|