Aleluias
ALELUIAS E VERS0S ANTES DO EVANXEO
1. Cf. Mt 11, 25:
Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra
porque revelácheslle os misterios do Reino ós humildes
2. Mt 25, 34:
Vinde, benditos do meu Pai, di o Señor;
recibide a herencia do Reino preparada para vós desde a creación do mundo.
3. Xn 3, 16:
Tanto amou Deus ó mundo, que lle entregou ó seu Fillo unixénito;
quen cre nel, ten vida eterna.
4. Xn 6, 39:
Esta é a vontade do meu Pai,
que non perda a ningún dos que me entregou
senón que os resucite no derradeiro día, di o Señor
5. Xn 6, 40:
Esta é a vontade do meu Pai,
que quen crea no Fillo, teña vida eterna,
e eu resucitareino no derradeiro día, di o Señor
6. Xn 6, 51:
Eu son o pan vivo que baixou do ceo, di o Señor;
quen coma deste pan, vivirá para sempre
7. Xn 11, 25a. 26:
Eu son a resurrección e a vida, di o Señor;
quen cre en min, non morrerá para sempre
8. Cf. Flp 3, 20:
A nosa patria está no ceo,
de onde tamén agardamos un Salvador,
Xesús Cristo, o Señor
9- 2 Tim 2, 11-12a:
Se morremos con Cristo, viviremos con el;
se perseveramos con el, reinaremos con el
10. Ap 1, 5a. 6b:
Xesús Cristo é o primoxénito de entre os mortos;
a el a gloria e o poder por sempre eternamente. Amén
11. Ap 14, 13:
Ditosos os mortos que morren no Señor;
descansen dos seus traballos;
porque as súas obras acompáñanos