XANEIRO
Día 1 de xaneiro
OITAVA DO NADAL
SOLEMNIDADE DE SANTA MARÍA NAI DE DEUS
Cf o propio do Tempo, n. 18
510
Día 2 de xaneiro
Ss. Basilio Magno e Gregorio Nacianceno,
bispos e doutores da Igrexa
(Memoria)
Do común dos pastores (bispos) ou dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA Ef 4, 1-7. 11-13 n. 722, 8
SAL. RESP. Sal 22, 1-3. 4. 5. 6 n. 721, 2
ALELUIA Mt 23, 9b. 10b 723, 1
EVANXEO Mt 23, 8-12, n. 724, 3
511
Día 7 de xaneiro
San Raimundo de Penyafort, presbítero
Do común dos pastores
PRIMEIRA 2 Cor 5, 14-20 n. 722, 7
SAL. RESP. Sal 102, 1-2. 3-4. 8-9. 13-14. 17-18a n. 739, 6
ALELUIA Lc 21, 36 n. 741, 7
EVANXEO Lc 12, 35-40 n. 742, 22
Día 9 de xaneiro
San Euloxio de Córdoba, presbítero e mártir
Do común dos mártires ou dos santos
512
Día 13 de xaneiro
S. Hilario, bispo e doutor da Igrexa
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA 1 Xn 2, 18-25
Quen confesa ó Fillo, ten tamén ó Pai
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN XOÁN
APÓSTOLO
18Meus fillos, estamos na hora derradeira. Conforme oístes, tiña que vi-lo Anticristo;
ollade que xa están aquí moitos anticristos; por isto sabemos que estamos na hora
derradeira.
19Os anticristos saíron dos nosos, aínda que eles non eran dos nosos; se fosen dos nosos
habían quedar connosco; pero non, eles saíron para deixar ver que non todos son dos
nosos.
20Vós, en troques, recibistes do Santo unha unción e todos vós téde-lo coñecemento.
21Decidinme a escribirvos, non porque non coñezáde-la verdade senón xustamente
porque xa a coñecedes e porque da verdade non saen mentiras.
22¿Quen é o mentireiro, senón o que nega que Xesús é o Mesías? Ese tal é o Anticristo,
porque nega ó Pai e ó Fillo. 23Quen nega ó Fillo, xa non ten comuñón co Pai; e quen
profesa a súa fe no Fillo, tamén ten comuñón co Pai.
24Respecto a vós, ó contrario: que vos quede dentro o que aprendestes desde o comezo.
Se o que aprendestes desde o comezo vos queda dentro, tamén vós permaneceredes no
Fillo e no Pai, 25xa que esta é xustamente a promesa que o Fillo nos fixo: a vida eterna.
SAL. RESP. Sal 109, 1. 2. 3. 4. n. 721, 7
ALELUIA Mt 5, 16 n. 729, 1
EVANXEO Mt 5, 13-19 n. 730, 1
513
Día 17 de xaneiro
San Antón, abade
(Memoria)
Do común dos santos (relixiosos)
PRIMEIRA Ef 6, 10-13. 18 n. 740, 8
SAL. RESP. Sal 15, 1-2a e 5. 7-8. 11 n. 739, 3
ALELUIA Xn 8, 31b-32 n. 741, 9
EVANXEO Mt 19, 16-26
Se queres ser perfecto, vai e vende canto tes
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
16 Acercouse un a Xesús para lle preguntar:
-Mestre, ¿que teño que facer de bo para acada-la vida eterna?
17El contestoulle:
-¿Por que me preguntas acerca do bo? Soamente Un é Bo. E se queres entrar na vida,
garda os mandamentos.
18El preguntoulle:
-¿Cales?
-"Non matarás, non cometerás adulterio, non roubarás, non darás falso testemuño;
19honra a teu pai e a túa nai, e ama ó teu próximo coma a ti mesmo".
20O mozo contestou:
-Todas esas cousas xa as gardo. ¿Que é o que me falta?
21Respondeulle Xesús:
-Se queres ser perfecto, vai, vende canto tes, e dállelo ós pobres, e terás un tesouro no
ceo; e despois, ven e sígueme.
22Oíndo estas cousas, o xove marchou moi aflixido: tiña moitos bens.
23Entón díxolles Xesús ós seus dicípulos:
-Asegúrovos que lles vai ser difícil ós ricos entrar no Reino dos Ceos; 24volvo a
asegurarvos; é máis fácil para un camelo pasar polo ollo dunha agulla que para un rico
entrar no Reino dos Ceos.
25Oíndo aquilo, os discípulos aínda estaban máis abraiados e comentaron:
-Pero logo, ¿quen se vai poder salvar?
26Mirando para eles fixamente, díxolles:
-Si, para os homes é imposible; pero para Deus todo é posible.
Día 20 de xaneiro
Santos Froitoso, bispo e mártir,
e os seus diáconos Euloxio e Augurio, mártires
Do común dos mártires
514
O mesmo día 20 de xaneiro
San Fabián, papa e mártir
Do común dos mártires ou pastores (papas)
PRIMEIRA 1 Pe 5, 1-4 n. 722, 13
SAL. RESP. Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10... n. 721, 3
ALELUIA Xn 10, 14 n. 723, 5
EVANXEO Xn 21, 15-17 n. 724, 12
515
O mesmo día 20 de xaneiro
San Sebastián, mártir
Do común dos mártires
PRIMEIRA 1 Pe 3, 14-17 n. 716, 8
SAL. RESP. Sal 33, 2-3.4-5.6-7.8-9 n. 715, 2
ALELUIA Sant 1, 12 n. 717, 4
EVANXEO Mt 10, 28-33 n. 718, 2
516
Día 21 de xaneiro
Santa Inés, virxe e mártir
(Memoria)
Do común dos mártires ou das virxes
PRIMEIRA 1 Cor 1, 26-31 n. 740, 2
SAL. RESP. Sal 22, 1-3. 4. 5. 6. n. 739, 4
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b n. 741, 13
EVANXEO Mt 13, 44-46 n. 742, 5
517
Día 22 de xaneiro
San Vicenzo, diácono e mártir
Do común dos mártires
PRIMEIRA 2 Cor 4, 7-15 n. 716, 3
SAL. RESP. Sal 33, 2-3.4-5.6-7.8-9 n. 715, 2
ALELUIA Mt 5, 10 n. 717, 1
EVANXEO Mt 10, 17-22 n. 718, 1
Día 23 de xaneiro
San Ildefonso, bispo
Do común dos pastores (bispos) ou dos doutores da Igrexa
518
Día 24 de xaneiro
San Francisco de Sales, bispo e doutor da Igrexa
Memoria
Do común dos pastores (bispos) ou dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA Ef 3, 8-12 n. 728, 4
SAL. RESP. Sal 36, 3-4. 5-6. 30-31 n. 727, 2
ALELUIA Xn 13, 34 n. 741, 10
EVANXEO Xn 15, 9-17 n. 742, 25
519
Día 25 de xaneiro
CONVERSIÓN DO APÓSTOLO SAN PAULO
Festa
PRIMEIRA Feit 22, 3-16
Érguete e bautízate, e lava os teus pecados,
invocado o nome de Xesús.
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Dille Paulo ó pobo:
-3Eu son xudeu, nado en Tarso da Cilicia, pero criado nesta cidade, instruído ós pés de
Gamaliel en todo o rigor da Lei dos nosos pais, acérrimo defensor de Deus, coma vós
agora.4Eu perseguín á morte este Camiño, prendendo e metendo na cadea a homes e
mulleres, 5tal como o poden atesta-lo sumo sacerdote e todo o Senado. De parte deles
recibín cartas para os irmáns de Damasco e púxenme en camiño para traer presos a
Xerusalén ós de alí, para castigalos.
6Pero sucedeu que cando ía de camiño, cerca de Damasco e polo mediodía, unha gran
luz do ceo lostregou arredor de min. 7Caín ó chan e sentín unha voz que me dicía:
''Xaúl, Xaúl, ¿por que me persegues?''.
8Eu respondín:
''¿Quen es, Señor?''.
E díxome:
''Eu son Xesús de Nazaret, a quen ti persegues''.
9Os que ían comigo tamén viron a luz, pero non sentiron a voz do que me falaba.
10Entón dixen:
''¿Que debo facer, Señor?''
E o Señor díxome:
''Érguete, vai a Damasco e alí diráseche todo o que se che pide que fagas''.
11E como non vía cousa por culpa da fogaxe daquela luz, cheguei a Damasco pola man
dos meus compañeiros.
12Entón un tal Ananías, home devoto conforme a Lei, aprezado por tódolos xudeus de
alí, 13veume ver e, ó chegar onda min, díxome:
''Saulo, irmán, recobra a vista''
E naquel mesmo intre puiden velo. 14E díxome:
"O Deus dos nosos pais destinoute para que coñecése-la súa vontade, para vére-lo Xusto
e sentíre-la voz da súa boca; 15porque lle has ser testemuña diante de tódolos homes do
que viches e sentiches. 16E agora ¿a que
agardar? Érguete, recibe o bautismo e lávate dos teus pecados, invocando o seu nome".
Ou tamén: Feit 9, 1-22
Señor, ¿qué queres que eu faga?
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRODOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
9 1Saulo, respirando aínda ameazas e morte contra os discípulos do Señor, presentouse
ó Sumo Sacerdote 2e pediulle cartas para as Sinagogas de Damasco, a fin de que, se
encontraba algúns que fosen deste novo camiño,
tanto homes como mulleres, os puidese levar presos a Xerusalén.
3De camiño, cerca xa de Damasco, aconteceu que, de súpeto, unha luz do ceo o
envolveu co seu fulgor. 4Caeu no chan e sentiu unha voz que lle dicía:
-Xaúl, Xaúl, ¿por que me persegues?
5El preguntou:
-¿Quen es ti, Señor?
Contestoulle:
-Eu son Xesús a quen ti persegues. 6Pero érguete, entra na cidade, e xa se che dirá o
que tes que facer.
7Os compañeiros de viaxe quedaron parados, estantíos: sentían a voz, mais non vían
ninguén. 8Saulo ergueuse do chan, pero, malia te-los ollos abertos, non vía nadiña.
Levárono pola man, introducírono en Damasco. 9Alí botou tres días sen ver, sen comer
e sen beber.
10Había en Damasco un discípulo, chamado Ananías, e o Señor díxolle nunha visión:
-¡Ananías!
El respondeu:
-Aquí estou, Señor.
O Señor volveulle falar:
-11Vai á rúa Dereita, e procura falar na casa de Xudas a un home chamado Saulo de
Tarso, que está orando. 12(En visión, viu Saulo a un home chamado Ananías entrar e
impoñerlle as mans para que recobrase a vista).
13Ananías respondeu:
-Señor, teño oído falar moito dese home e do mal que lles ten feito ós teus santos en
Xerusalén. 14E aquí ten poderes dos xefes dos sacerdotes, para prender a tódolos que
invocan o teu nome.
15Pero o Señor díxolle:
-Vai, que ese home é un instrumento escollido por min, para leva-lo meu nome diante
dos pagáns, dos seus reis e mais dos israelitas. 16¡Heille mostra-lo que ten que sufrir
polo meu nome!
17Entón Ananías, poñéndose en camiño, entrou na casa, e impoñéndolle as mans,
díxolle:
-Irmán Saulo, quen me manda é o Señor Xesús, que se che apareceu cando viñas polo
camiño, para que recóbre-la vista e te enchas do Espírito Santo.
18No instante, repeláronlle dos ollos como unhas escamas e recuperou a vista; ergueuse,
e bautizouse. 19Despois comeu e volvéronlle as forzas.
Pasou algúns días cos discípulos de Damasco, 20e axiña comezou a predicar a Xesús
nas sinagogas, proclamando que era o Fillo de Deus. 21Tódolos que o sentían ficaban
pasmados e dicían:
''Pero ¿non é este o que en Xerusalén fixo estragos entre os que invocan ese Nome, e
viñera aquí para os levar presos diante dos sumos sacerdotes?''.
22Pero Saulo con máis ánimos confundía ós xudeus de Damasco, demostrando que
Xesús era o Mesías.
SAL. RESP. Sal 116, 1. 2
R/: (Mc 16, 15): Ide polo mundo enteiro, anunciando o Evanxeo
Ou: Aleluia
1 1Louvade ó Señor tódalas xentes,
aclamádeo tódolos pobos.
2O seu amor connosco é firme,
a súa fidelidade dura sempre.
ALELUIA Xn 15, 16
R/ Aleluia. V/ Eu escollínvos,
para que vaiades e levedes
froito
e o voso froito permaneza,
di o Señor.
R/ Aleluia
EVANXEO Mc 16, 15-18
Ide ó mundo enteiro, predicade o Evanxeo
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Aparecéndose Xesús ós once, díxolles:
-Ide polo mundo enteiro, anunciando a Boa Nova a toda a creación. 16Quen crea e se
bautice, salvarase; quen non crea, condenarase. 17Os que crean irán acompañados destes
sinais: no meu nome botarán demos, falarán linguas novas; 18collerán serpes coas mans,
e se chegan a beber algún veneno, non lles fará mal ningún; imporánlle-las mans ós
enfermos, e estes curarán.
Na Misa votiva de san Paulo, proclámanse tamén estas lecturas aquí recollidas.
520
Día 26 de xaneiro
Santos Timoteo e Tito, bispos
Memoria
A primeira proclamación desta memoria é propia
Do Común dos pastores (bispos)
PRIMEIRA 2 Tim 1, 1-8
Facemos memoria da súa fe, da fe auténtica
que hai en ti
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO A TIMOTEO
1 1Paulo, apóstolo de Cristo Xesús por vontade de Deus para anuncia-la promesa da
vida que hai en Cristo Xesús, 2a Timoteo, fillo querido, deséxoche a gracia, a
misericordia e a paz de Deus e de Cristo Xesús noso Señor.
3Doulle gracias a Deus, a quen sirvo desde o nacemento con conciencia limpa, porque
decote me lembro de ti nas miñas oracións, noite e día. 4Cando me acordan as túas
bágoas, véñeme ganas de te ver para me encher de alegría 5lembrando a túa fe sincera,
que xa habitou na túa avoa Loide e na túa nai Eunice, e confío que tamén en ti.
6Por esta mesma causa recórdoche que reavíve-lo carisma de Deus, que hai en ti pola
imposición das miñas mans. 7Porque Deus non nos deu un espírito feble senón forte, de
amor e de sobriedade. 8Non teñas vergonza de noso Señor, nin de min, preso por El; ó
contrario, faite partícipe dos meus sufrimentos polo Evanxeo, contando co poder de
Deus.
Ou tamén: Tit 1, 1-5
A Tito, fillo querido na fe común
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO A TITO
1 1Paulo, servidor de Deus e apóstolo de Xesús Cristo, para leva-los escolleitos de Deus
á fe e mais ó coñecemento da verdade, que é conforme á piedade verdadeira 2e que se
apoia na esperanza da vida eterna. Deus, que non mente, prometera xa antes de tódolos
tempos esa vida 3e ó tempo debido cumpriu publicamente á súa palabra pola
predicación, que se me confiou, por mandato do noso Salvador Deus.
4A Tito, meu fillo lexítimo na fe común, deséxoche a gracia e a paz de Deus, Pai de
Cristo Xesús, o noso Salvador.
5Deixeite en Creta, para que seguises endereitando o que faltaba e para que nomeases
responsables en cada vila, tal como che prescribín eu
SAL. RESP. Sal 95, 1-2a. 2b-3. 7-8a. 10 n. 721, 5
ALELUIA Lc 4, 18 n. 723, 4
EVANXEO Mc 9, 34-37 n. 742, 15
521
Día 27 de xaneiro
Santa Anxela de Mérici, virxe
Do común das virxes ou das santas (educadoras)
PRIMEIRA 1 Pe 4, 7b-11 n. 740, 15
SAL. RESP. Sal 148, 1-2. 11-13a. 13c-14. n. 733, 2
ALELUIA Cf Mt 11, 25 n. 741, 4
EVANXEO Mc 9, 34-37 n. 742, 15
522
Día 28 de xaneiro
San Tomás de Aquino, presbítero e doutor da Igrexa
Memoria
Do común dos doutores da Igrexa ou dos pastores
PRIMEIRA Sab 7, 7-10. 15-16 n. 725, 2
SAL. RESP. Sal 118, 9. 10. 11. 12. 13. 14. n. 727, 3
ALELUIA Mt 23, 9b. 10b n. 729, 2
EVANXEO Mt 23, 8-12 n. 730, 4
523
Día 31 de xaneiro
San Xoán Bosco, presbítero
Memoria
Do común dos pastores ou santos (educadores)
PRIMEIRA Flp 4, 4-9 n. 740, 10
SAL. RESP. Sal 102, 1-2.3-4.8-9.13-14.17-18a n. 739, 6
ALELUIA Mt 23, 11. 12b n. 741, 6
EVANXEO Mt 18, 1-5 n. 742, 7