Sobre a esperanza

 

S          Dámosche grazas, pai Santo, Deus xuto e misericordioso, porque a esperanza que en ti poñen os pobres, non foi nin será nunca defraudada.

 

T          Ti es a forza dos débiles, es o Deus liberador, o Deus que salva.

 

S          Cando o teu pobo estaba escravizado enviaches a Moisés para liberalo no teu nome: Ti dobregaches o orgullo dos faraóns, e fuches diante do pobo peregrino ata a terra prometida.

 

T          Dámosche grazas polo teu fillo e irmán noso, Xesucristo, que puxo a súa vida ao servizo dos cansos e angustiados.

 

 

 

S          Nel cumpríronse as túas promesas; El abriu os ollos cegos e os oídos xordos, proclamou liberación aos cativos e oprimidos neste tempo de graza do Señor.

 

T          El é o signo visible do teu Reino. Ao pasar deste mundo a Ti, a través dunha morte inxusta, venceu a mesma morte no seu dominio e conseguiu a liberación total.

 

S          Por todo iso, unimos as nosas voces ao pobo que ti amas para cantarche o himno da túa gloria.

 

T          Santo, santo, santo es Ti, Señor, Deus do universo. Énchelo ceo e mais a terra coa túa gloria. Hosanna no ceo. Bendito o que vén no nome do Señor. Hosanna no ceo.

 

 

 

S          Noso Deus, Pai dos pobres, dos reducidos ao silencio, dos que non poden oír palabras de esperanza, dos que camiñan buscando a luz e nunca chegan aos primeiros postos: envía o teu Espírito no medio de nós, o Espírito que conduciu a Xesús.

 

T          Que El transforme a pobreza dos nosos dons en pan de vida e viño de salvación, para que celebremos a Pascua do Señor.

 

 

 

S          El, na noite en que ía ser entregado, mentres estaba á mesa cos seus discípulos, colleu o pan e rezou a bendición, partiuno e déullelo, mentres dicía: TOMADE E COMEDE TODOS DEL, POIS ISTO É O MEU CORPO  QUE SE VAI ENTREGAR POR VÓS.

 

            De igual modo, tomou o cáliz con viño, deu grazas e pasóullelo aos seus discípulos, mentres dicía: TOMADE E BEBEDE TODOS DEL, POIS ESTE É O CÁLIZ DO MEU SANGUE, O SANGUE DA ALIANZA NOVA E ETERNA, QUE SE VAI VERTER POR VÓS E POR TODOS OS HOMES, PARA O PERDÓN DOS PECADOS.    FACEDE ISTO EN MEMORIA DE MIN.

 

            Velaquí o misterio da nosa fe.

 

T. Anunciamos a túa morte, proclamamos a túa resurrección: Ven, Señor Xesús!

 

 

 

------------------------------------------------------

 

T          Ao recordar a morte de Xesús e a súa resurrección liberadora, anunciamos ao mundo a esperanza segura na salvación do noso Deus.

 

S          Acepta, Pai, co corpo entregado e o sangue derramado de Xesús, o noso desexo de superar o mal, e a nosa solidariedade cos necesitados de pan, de liberdade e de palabra.

 

T          Acórdate de todos os cristiáns en dificultade. Acórdate dos nosos irmáns, os homes que están nos cárceres ou no desterro, dos marxinados polo medo ou a ignorancia e de todos os pobres e enfermos.

 

S          Dá forza aos débiles e confianza aos desesperados. Acórdate dos que xa morreron ofrecendo a súa vida por un mundo máis humano e máis xusto; admite a todos os defuntos no teu reino de amor.

 

T          Dá á túa Igrexa luz e fortaleza para non dobregarse ante os fortes e levar a súa salvación aos humildes; que saiba presentar aos homes a verdadeira imaxe do teu Fillo Xesucristo.

 

S          Por El queremos darche grazas e loarte, celebrando a alegría da túa salvación:

 

T          Por Cristo, con El e nel, a Ti, Deus Pai omnipotente, na unidade do Espírito Santo, todo honra e toda gloria polos séculos dos séculos. AMÉN.