Voda
CUANDO POR FIN SE ATOPAN DÚAS DOS ALMAS.
Victor Hugo
Cando por fin se atopan dúas almas,
que durante tanto tempo se buscaron unha a outra entre a xente.
Cando advirten que son parellas,
que se comprenden e corresponden,
nunha palabra, que son semellantes,
xorde entón para sempre unha unión vehemente e pura como elas mesmas,
unha unión que comeza na terra e perdura no ceo.
Esa unión é Amor,
amor auténtico, como en verdade moi poucos homes poden concibir,
amor que é unha relixión,
que deifica ao ser amado cuxa vida emana
do fervor e da paixón e para o que os sacrificios
máis grandes son os gozos máis doces.
Amar é querer a felicidade do outro
Martin Gray
O amor xamáis é acoso, é alegría, liberdade, forza.
E é o amor o que mata a angustia.
Alí onde falta o amor, nace o medo e o aburrimento.
O amor é arrebato, o amor é entusiasmo, o amor é risco.
Non aman e non son amados,
aqueles que queren ocultar ó esconder os seus sentimentos.
O amor é xenerosidade, o amor é entrega, o amor é intercambio.
Quen dá moito, recibe moito a final de contas
porque nós posuímos aquilo que damos.
Amar non é danar ao outro, dominalo,
senón acompañalo no seu camiño e axudalo.
Saber aceptar ao outro tal como é. Alegrarse da felicidade que logre.
Amalo na súa totalidade,
porque el é lealdade e beleza, defectos e calidades.
Velaquí as condicións do amor.
Porque o amor existe en virtude da indulxencia,
do perdón e do respecto ao outro.
O ALQUIMISTA.
Paulo Coelho
Sempre existe no mundo unha persoa que espera a outra,
xa sexa no medio do deserto ou no medio dunha gran cidade.
E cando estas persoas se cruzan e os seus ollos se atopan,
todo o pasado e todo o futuro perde a súa importancia por completo,
e só existe aquel momento e aquela certeza incrible
de que todas as cousas baixo o sol foron escritas pola mesma Man.
A Man que esperta o Amor,
e que fixo unha alma xemelga para cada persoa que traballa,
descansa e busca tesouros baixo o sol.
Porque sen isto non habería ningún sentido para os soños da raza humana.
Maís textos en: xanostesaqui.blogspot.com/search/label/Textos%20de%20voda